PENTECOSTÉS
Recordades o que ocorreu días despois de
resucitar Xesús? E cómo se sentían os seus amigos?
Os dias seguintes a súa resurrección, Xesús
visitaba a os seus amigos a miúdo pero eles seguían tristes xa que sabían que
pronto ía marchar para sempre. Por iso Xesús decidiu enviarlles a súa forza, a
súa esperanza e o seu espírito para que afrontasen a difícil situación que
estaban a vivir. Esa forza da que os falo e o que os cristiáns chamamos
Espírito Santo e a representamos con lapiñas de fogo enriba das cabezas
Nos tamén estamos a vivir unha situación
difícil de afrontar e debemos enviar a nosa forza e esperanza a quen máis o
precisa nestes momentos: enfermos, sanitarios, traballadores dos supermercados,
policías, bombeiros, aos avós que fai moito que non vemos, a todos os que
quedamos na casa....
E ti, a quen enviarías ese Espírito Santo que
da forza e esperanza? Fai un debuxo de
esa ou esas persoas cunha lapiña de fogo na cabeza que represente o teu
espírito. Veña votádelle imaxinación.
Espero os vosos debuxos no meu correol!!!
E recordade que eu vos envío o meu espírito a todos vos
e as vosas familias.
Moitos bicos e abrazos virtuais!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario