domingo, 14 de junio de 2020

FELICES VACACIÓNS!!!

E por fin chegan as desexadas vacacións!!!

Pola miña parte non teño máis que agradecervos a todos e todas o voso traballo durante estes meses, e para finalizar este curso tan diferente só vos desexo que teñades o mellor verano do mundo...e para conseguilo vos deixo unhas recomendacións para este verán:


  • ·     Berrar só de ledicia
  • ·     Soñar, rir e imaxinar cada día
  • ·     Pedir perdón e saber perdoar
  • ·     Falar moito
  • ·     Axudar aos demais
  • ·     Esfórzate en todo o que fagas e non desistas
  • ·     E sobre todo...SE MOI FELIZ!!!

      Vémonos de volta na escola en setembro, non faltedes, agardo por todos vós!!!!







domingo, 7 de junio de 2020

SOÑANDO COAS VACACIÓNS



Que pouquiño queda para as vacacións, xa as podemos ver ao lonxe se nos fixamos ben.

Este ano serán diferentes pero sempre podemos xogar coa imaxinación...bendita imaxinación!!!

Imaxinade, imaxinade e contádeme a onde vos gustaría ir de vacacións este verano, con quen e tamén algo moi importante...o que non pode faltar na miña maleta!

Veña viaxade coa imaxinación e contádeme!!!  (Espero as vosas respostas)

Moitos bicos e apertas virtuais.

lunes, 1 de junio de 2020

QUE IMPORTANTES SON OS AMIGOS!


A semana pasada recordábamos que Xesús tiña o seu grupo de amigos aos que chamaban "os 12 apóstolos". 

Estes o acompañaban sempre e eran case como a súa familia, axudábanse e protexíanse e entre eles chamábanse irmáns.

E vos? Tedes amigos e amigas así? seguro que si!

Que vos parece se facemos un debuxo do noso grupo de amigos e amigas? Os imos debuxar fixándonos  no seu físico (se o seu pelo e loiro, se é alto ou alta, se leva lentes...) pero tamén facendo o que máis lles gusta (bailar, xogar coa pelota, montar na bici, os videoxogos...). E non esquezades poñer o seus nomes!!! 
ESPERO OS VOSOS DEBUXOS NO MEU CORREO
Veña artistas...a debuxar


Tamén podedes ver o seguinte vídeo que nos fala dos apóstolos




E para a prender os seus nomes tedes a seguinte canción

O retrouso di o seguinte:

Pe(Pedro) An(Andrés) San(Santiago) Ju(Juan)
PE AN SAN JU
Fe(Felipe) Bar(Bartolomé) Ma(Mateo) To(Tomás)
FE BAR MA TO
San(Santiago) Sim(Simón) Ju(Judas) Ju(Judas)
SAN SIM JU JU
Doce amigos de Jesús



Ánimo que xa queda moi pouquiño para as vacacións.
Moitos bicos e apertas virtuais.



domingo, 24 de mayo de 2020

OS AMIGOS DE XESÚS

Ola de novo!!

Esta semana estou moi contenta porque xa puidemos visitar aos amigos e familiares e saír un pouquiño máis de casa.

Todos temos amigos que son como familia e familiares que son máis que amigos...e Xesús non ía ser menos; sabedes de quen falo?

Que vos parece pescudar un pouco de información para responder a estas preguntas:

  • ·       Como era coñecido o grupo de amigos que sempre acompañaba a Xesús?
  • ·       Cantos eran?


E os maiores seguro que tamén saben dicirme:

  • ·       Como se chamaba cada un deles?
  • ·       Quen o traizoou entregándoo aos Romanos despois da última cea?


Veña, que comece a investigación.
Espero as vosas respostas no meu correo.
Que teñades unha moooi feliz semana!!!

domingo, 17 de mayo de 2020

ARCA DE NOÉ

Ola de novo rapazas e rapaces!!!

Estou moi contenta porque TODAS as respostas recibidas a pregunta que vos fixen a semana pasada foron correctas



Como todos sabemos o arco da vella e o símbolo de paz e esperanza que Deus deixou na terra tras o diluvio. É o recordo de que nunca máis enviaría un diluvio a terra e nos recorda que despois da tormenta sempre chega a calma.

Esta semana soamente os propoño que desfrutedes destes vídeos que vos deixo do ARCA DE NOÉ (non é preciso que me enviedes nada o mail) pincha nas imaxes












Tamén podedes desfrutar destas cancións que xa coñecedes






Moito ánimo amigos e amigas que pronto sairemos desta.
Moitos bicos e abrazos!!!


viernes, 8 de mayo de 2020

ARCO DA VELLA


Ola rapazas e rapaces!!!

Estes días tan diferentes que estamos a vivir seguro que estades a ver por todas partes arcos da vella que simbolizan que todo vai saír ben, enchéndonos de forza e esperanza. Pero...

Sabedes porque o arco da vella e símbolo de paz e esperanza en todo o mundo??? (Espero as vosas respostas no meu mail)

Unha pista: ten que ver cunha historia da Biblia que todos coñecemos moi ben.

Para que vos animedes vos deixo un debuxo que fixen nestes días. Espero que vos guste.





Coma sempre vos mando moitos bicos e apertas virtuais.

domingo, 3 de mayo de 2020

XOGAMOS?


Que vos parece se esta semana nos divertimos un ratiño?

Pois navegando pola rede atopei uns cantos xogos cos que ademais de aprender podemos desfrutar dun rato divertido, só tes que pinchar na imaxe.


  • Xa que estamos no mes de maio comezamos cuns xogos sobre María






  • Pasapalabra



  • Sopa de letras

  • Encrucillado


  • Puzzles: podedes escoller o número de pezas para adaptalos a vosa idade

lunes, 27 de abril de 2020

O MES DE MARÍA


O mes de María

Ola de novo rapaces e rapazas!
Xa case estamos no mes de maio e iso quere dicir que xa falta menos para o verán!
Este é o mes no que no cole facemos a festa do maio (que este ano será o “maio confinado”) xa que é o mes das flores; pero é tamén o mes da Virxe María, a quen encantábanlle as flores. É por este motivo que o primeiro domingo do mes, os cristiáns e as cristiás, o dedicamos a María, a nai de Xesús, e tamén a todas as nais.
Que vos parece celebrar este mes enchendo de flores as nosas fiestras? Podedes poñer flores reais, se tedes a oportunidade, ou tirar da imaxinación e debuxar flores ou facelas con diversos materiais.
Aquí vos deixo algún exemplo para que vos sirva de inspiración:

 

+

E recordade que podedes enviarme fotos das vosas fiestras ao meu correo.

Desexo que todos vós e as vosas familias esteades ben, envíovos virtualmente moitos bicos e apertas!!! 



jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

PRECIOSO CORTO PARA O FOMENTO DA LECTURA

ESPERO QUE VOS GUSTE



MOITOS BICOS E APERTAS!!!

lunes, 20 de abril de 2020

PENTECOSTÉS



PENTECOSTÉS

Recordades o que ocorreu días despois de resucitar Xesús? E cómo se sentían os seus amigos?

Os dias seguintes a súa resurrección, Xesús visitaba a os seus amigos a miúdo pero eles seguían tristes xa que sabían que pronto ía marchar para sempre. Por iso Xesús decidiu enviarlles a súa forza, a súa esperanza e o seu espírito para que afrontasen a difícil situación que estaban a vivir. Esa forza da que os falo e o que os cristiáns chamamos Espírito Santo e a representamos con lapiñas de fogo enriba das cabezas



Nos tamén estamos a vivir unha situación difícil de afrontar e debemos enviar a nosa forza e esperanza a quen máis o precisa nestes momentos: enfermos, sanitarios, traballadores dos supermercados, policías, bombeiros, aos avós que fai moito que non vemos, a todos os que quedamos na casa....

E ti, a quen enviarías ese Espírito Santo que da forza e esperanza?  Fai un debuxo de esa ou esas persoas cunha lapiña de fogo na cabeza que represente o teu espírito. Veña votádelle imaxinación.
Espero os vosos debuxos no meu correol!!!

E recordade que eu vos envío o meu espírito a todos vos e as vosas familias.
Moitos bicos e abrazos virtuais!!!

martes, 14 de abril de 2020

SEMANA SANTA

 Ola de novo!!!

Como foron as vacacións de Semana Santa? Un pouco raras non? 
Este ano tivemos que pasar sen levar a igrexa a nosa palma o Domingo de Ramos, sen as procesións e sen a visita dos padriños o Domingo de Pascua de Resurrección... vaia rollo.
Aínda así estou segura que foi unha Semana Santa inesquecible! (e espero que irrepetible). E falando de esquecer...

Recordades qué celebramos os cristiáns en Semana Santa?
 E que ocorreu cada un dos seus días máis importantes?
Non?
Pois non hay problema porque aquí vos deixo dous videos moi divertidos para recordar.








E se tedes impresora na casa podedes colorear os días máis importantes e sacar dúas copias para facer un sinxelo xogo de mémory.



  



Bicos e apertas virtuais!!!



domingo, 29 de marzo de 2020

MANUALIDADES PASCUA


OLA NENOS E NENAS!!!!

Este ano toca pasar a Pascua na casa e sen a visita dos padriños!!!  Pero os nenxs de Angorén non quedaremos sen celebración. 


Para decorar as nosas casas ou regalar a familia estes días de Semana Santa, dende a clase de relixión vos propoño varias actividades (ainda que están separas por cursos podedes facer a que máis os guste…ou facelas todas):


Coelliño de Pascua (1º e 2º de primaria):
Recortamos a forma de ovo en cartulina, folio, cartón dunha caixa…o pintamos da cor que prefiramos e a continuación con tempera ou pintura de dedos estampamos a pegada da nosa man; tamen podemos repasar a forma da man con lápiz e despóis a coloreamos. Tan só nos queda decorar a pegada da nosa man con forma de coello e listo.
Podemos engandirlle unha cinta para colgar ou escribir algo por detrás para regalar felicitando a Pascua; botádelle imaxinación!!! Esta sería a idea:










Ovo transparente (3º e 4º):
           Recortamos duas siluetas do ovo nunha cartulina ou  caixa de galletas ou cereais, deixando valeiro o interior do ovo deste xeito:




Nunha das siluetas do ovo pegamos film transparente (podemos empregar tamén bolsas de plástico transparentes ou calquer outro material que se vos ocorra) e xa estamos listos para decorar.
Pegamos na parte valeira do ovo, onde temos o plástico transparente, o que queiramos: plumas, lentejuelas, cuentas, papeis de cores, recortes de pajitas de cores, pasta fina de sopa….imaxinación o poder.
A continuación collemos  a outra parte do noso ovo, que terá posto xa o film transparente pegado sen ningún adorno, e os xuntamos…. tachaaaannnn !



  






Ovo trenzado (5º e 6º):
Para esta actividade precisamos recortar nun folio a forma dun ovo.
Tamén precisamos tiras de papeis de cores (se non teño os podo pintar ou podo empregar papeis de revistas con cores)










A continuación facemos pequenos cortes no ovo para poder pasar os papeis de cores por eles deste xeito                                      


 Fixádevos que os papéis de cores van trenzados ao ovo, metemos os papeis entre os cortes pasando unha vez por enriba e a seguinte por debaixo.

Espero que estas actividades vos manteñan entretidos nestes tempos de confinamento que están sendo tan duros. E recordade que PASCUA SIGNIFICA PASO A ALGO NOVO E BO.
Se vos bota moito en falta, pronto estaremos de novo xuntos no cole.
Unha aperta enorme para todos e moitos bicos (virtuais claro).   






domingo, 15 de marzo de 2020

ALGUNHAS COUSIÑAS DIVERTIDAS


RECOMENDACIÓNS PRIMEIRAS SEMANAS DE CUARENTENA


Para o alumnado de relixión católica estas son algunhas cousiñas divertidas para todos os cursos, tanto de infantil como de primaria


   
                       APP BIBLIA INFANTIL
                 
                   Unha aplicación gratuíta para móbil ou tablet con  animacións, aventuras interactivas e grandes historias da Biblia. (Click na imaxe)


         YOUTUBE:
                 VALIVAN ofrece unha chea de parábolas musicais moi divertidas como esta "La oveja perdida"


"PEQUEÑOS HÉROES", serie animada sobre a Biblia para nenos e nenas.   

·