OLA
NENOS E NENAS!!!!
Este ano toca pasar a
Pascua na casa e sen a visita dos padriños!!!
Pero os nenxs de Angorén non quedaremos sen celebración.
Para decorar as nosas
casas ou regalar a familia estes días de Semana Santa, dende a clase de
relixión vos propoño varias actividades (ainda que están separas por cursos
podedes facer a que máis os guste…ou facelas todas):
Coelliño
de Pascua (1º
e 2º de primaria):
Recortamos a forma de ovo
en cartulina, folio, cartón dunha caixa…o pintamos da cor que prefiramos e a
continuación con tempera ou pintura de dedos estampamos a pegada da nosa man;
tamen podemos repasar a forma da man con lápiz e despóis a coloreamos. Tan só
nos queda decorar a pegada da nosa man con forma de coello e listo.
Podemos engandirlle unha
cinta para colgar ou escribir algo por detrás para regalar felicitando a
Pascua; botádelle imaxinación!!! Esta sería a idea:
Ovo
transparente
(3º e 4º):
Recortamos
duas siluetas do ovo nunha cartulina ou
caixa de galletas ou cereais, deixando valeiro o interior do ovo deste
xeito:
Nunha das siluetas do ovo
pegamos film transparente (podemos empregar tamén bolsas de plástico
transparentes ou calquer outro material que se vos ocorra) e xa estamos listos
para decorar.
Pegamos na parte valeira
do ovo, onde temos o plástico transparente, o que queiramos: plumas,
lentejuelas, cuentas, papeis de cores, recortes de pajitas de cores, pasta fina
de sopa….imaxinación o poder.
A continuación
collemos a outra parte do noso ovo, que
terá posto xa o film transparente pegado sen ningún adorno, e os xuntamos….
tachaaaannnn !
Ovo
trenzado
(5º e 6º):
Para esta actividade
precisamos recortar nun folio a forma dun ovo.
Tamén precisamos tiras de
papeis de cores (se non teño os podo pintar ou podo empregar papeis de revistas
con cores)
A continuación facemos pequenos cortes no ovo para poder pasar os papeis de cores por eles deste xeito
Fixádevos que os papéis de cores van trenzados
ao ovo, metemos os papeis entre os cortes pasando unha vez por enriba e a
seguinte por debaixo.
Espero que estas
actividades vos manteñan entretidos nestes tempos de confinamento que están
sendo tan duros. E recordade que PASCUA
SIGNIFICA PASO A ALGO NOVO E BO.
Se vos bota moito en
falta, pronto estaremos de novo xuntos no cole.
Unha aperta enorme para
todos e moitos bicos (virtuais claro).